Tubasys mantén o pleno mentres que o Maquisaba cae ante o segundo clasificado

Tubasys mantén o pleno mentres que o Maquisaba cae ante o segundo clasificado

No encontro da xornada o Maquisaba viaxaba ata Coruña para encarar a OAR na súa casa. Dende o primeiro momento o equipo deixou claro que non tiña pensado competir. A falta de contacto en defensa, as dúbidas en posesión do esférico e a reticencia a atacar deixou a porta aberta a un OAR que non tivo que esforzarse para acadar o (15-3) inicial. O grupo era irreconocible en todas as facetas, especialmente na ausencia do repliegue, onde as rapazas do OAR gañaban unha e outra vez sen resposta algunha. A pouca rotación non tivo efecto algún na actividade das carballesas, que marchaban cara os vestiarios cun duro correctivo (24-8).

Na volta a pista o grupo mostrou outra cara, que se ben está lonxe do comportamento habitual, foi suficiente para competir unha segunda metade descafeinada e co resultado sentenciado. Sen dúbida, o grupo do Maquisaba ten capacidade para competir a outro nivel, pero deben aprender a afrontar con máis liderazgo e confianza os partidos ante rivais claramente superiores no aspecto físico.

OAR CORUÑA 1952 39 – 18 MAQUISABA XIRIA

Pola contra, o Tubasys afrontaba de novo o lance ante un Viveiro con sete xogadoras xustas. Durante o comezo do partido o Xiria impúxose con claridade, pero cometía numerosos erros por falta de intensidade, como lanzamentos reiterados ás mans da porteria, falta de contacto e desprazamento na defensa e renunciar ós contraataques para asegurar pases innecesarios. A chegada ó vestiario non veu acompañada de boas sensacións nun conxunto que non aproveitaba o tempo de xogo para mellorar (14-7).

Cando o electrónico reanudou a conta o Tubasys cambiou radicalmente a súa mentalidade, traballando correcta e intensamente a defensa individual, disuadindo pase, impedindo a aproximación hacia portería, onde cada éxito defensivo era acompañado dunha contra en primeira ou segunda oleada rematada por un lanzamento ben ubicado. A rotación e o reparto de esforzos deron unha boa experiencia ás xogadoras máis novas, que tiveron un rol importante ante un Viveiro que remataba sen folgos tras 50 minutos de xogo sen rotación.

TUBASYS XIRIA 32 – 13 CLUB BALONMAN VIVEIRO