Con 16 vitorias en 16 encontros, o Tubasys remataba este domingo a tempada 25/26 en Pontedeume facendo gala da súa condición de favoritas. Dende o comezo do encontro o Xiria pisaba forte co (4-9), anotando máis na fase de transición que en ataque posicional. A defensa individual daba frutos ata a chegada das rotacións, onde as carballesas abrían a porta ós desmarques en bote do conxunto local. O Pontedeume collía forza e se aproximaba ata os dous tantos. Foi preciso a solicitud dun tempo morto para reestructurar a defensa 3:3, onde a reducción de espazo e aparición de posibles axudas e doblaxes defensivos deixaba sen ideas o rival, abrindo a diferenza ata unha cómoda vantaxe (13-19).
No segundo tempo o Xiria seguía coa súa rotación continua de xogadoras para manter os folgos. A pésima eficacia de cara a gol , especialmente na liña dos sete metros, non foi capaz de apantallar o bo traballo do equipo, que mantiña o seu propio ritmo con ata once anotadoras nun encontro disputado ata o final.
BALONMANO PONTEDEUMNE 25 – 34 TUBASYS XIRIA


