Tubasys vence a falta de unha xornada

Tubasys vence a falta de unha xornada

O líder de grupo agardaba ó colista na mañán do venres. Tras o asubío inicial as locais traballaron ben de pernas para cortar gran cantidade de pases e tomar a dianteira de forma inapelable. O Ribadosar non era capaz de parar ás xogadoras máis experimentadas do Tubasys, que atopaban opcións nas transicións en primeira e segunda oleada, apenas permitindo o xogo posicional. As rotacións permitiron que as xogadoras máis novas tomaran roles de peso no 40×20. O bo ritmo continuaba ata a chegada ós vestiarios con boas sensacións (24-8).

A segunda metade foi unha continuación da primeira, onde o Xiria mantivo o pulso no encontro, traballando en situacións con anchura para atopar as calles exteriores e os bloqueos de pivote, sellando un encontro marcado polo reparto de esforzos e roles.

TUBASYS XIRIA 45 – 22 BM RIBADOSAR