UB LAVADORES “A” 33 – VIPECÓN XIRIA 36

UB Lavadores “A” 33 (15+18): Diego, Darío (2), Joaquín (2), Gerardo (4), Nico (7), Rafael (3), Dani (12) -equipo inicial- David (1), Óscar, Manuel, Iván (2).

Vipecón Xiria 36 (17+19): Bisbi, David (12), Miguel (3), Brais (6), Iago (7), Jorge (1), Antón (4) -equipo inicial- Joaquín, Martín, Chouci (1), Mario, Ricardo, Iván Lorenzo, Ivan Eiroa.

Colexiados: Daniel Portela e Alba Currás.Tiveron abundantes erros para os dous equipos, pero sen influir no resultado final.

O Vipecón Xiria conseguía os seus dous primeiros puntos na División de Honra Cadete ao derrotar a domicilio ao cadro vigués do Lavadores por 33-36 na cuarta xornada de competición. O equipo de Carballo que tivo un complicado inicio de liga e aínda non puntuara, tivo que xogar fronte aos mellores equipos do campionato, onde a pesar das derrotas xa amosara a súa calidade, traballo, entrega, intensidade e o seu caracter competitivo neses partidos. Estes factores foron os que lles levaron cerca do triunfo na maioría de partidos disputados, os mesmos polos que se impuxo de forma estelar esta fin de semana á UB Lavadores “A”. O inicio do Vipecón Xiria foi espectacular, os seus ataques e contraataques en segunda oleada falaban dun equipo maduro, organizado e vistoso, en ocasións impropio da idade dos rapaces. As defensas non existiron por parte de ningún dos dous equipos, pero si funcionaron ben as dúas porterías. Os visitantes colleron a vantaxe dende o inicio e mantiverona durante todo o encontro, aínda que sempre se tratase de diferencias mínimas dada a calidade do rival. O público alí presente estaba sendo participe dun excelente espectáculo, que prometía moito máis cara a segunda metade. O marcador reflectía no intermedio un 15-17 a prol dos visitantes.

A segunda metade foi vibrante e chea de tensión. Os locais facían un 5-1 zonal sobre o xogador carballés David, pero o resto do equipo demostraba estar moi metido no partido e seguía a gozar de esas pequenas vantaxes no marcador. Nos derradeiros minutos un par de boas defensas e paradas do porteiro Ivan facilitaban que o Vipecón Xiria aumentara a distancia a tres goles, unha distancia que xa non ían recuperar os vigueses a pesar da súa defensa individual.

A próxima xornada disputarase en Carballo dentro de quince días fronte o Bm Lalín, onde os carballeses tentarán conseguir a primeira victoria na casa. .