ULE ADEMAR 33 – CALVO XIRIA 33

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 24
25/03/2012 ULE ADEMAR 33 – CALVO XIRIA 33
ULE Ademar 33 (16+17): Jacob [p], Mario López (5), Cabanas (1), Iñigo (3), Molina (9, 3 de 7 metros), M. Goñi (3), Seivane, Fernando [p], Piñeiro (4), Andoni (1), Daniel (1), Mario Álvarez (3), Jadim (3).

Calvo Xiria 33 (16+17): Iago[p], Cuco (1), Álex García, Brais, Sergio (4), Álex Zas (5), Manu (4) -equipo inicial- Naya [p], Ramón, Christophe (1), Ángel (3), Dubra (3), Pablo (12, 4 de 7 metros)

Colexiados: Julián F. Cereceda González e José C. Frieira Cavada do colexio asturiano. Excluíron aos locais Andoni (12´), Jadim (15´), Daniel (38´), Mario (58´) e Goñi (59´), tamén aos xogadores visitantes Sergio (20´ e 41´), Manuel (25´ e 50´) e Christophe (55´).

Marcador: 1-2, 3-4, 5-6, 8-9, 12-13, 16-16 (descanso); 19-21, 21-23, 26-26, 27-29, 30-31, 33-33 (final).

7 metros: ULE Ademar: 3 / 3 ### Calvo Xiria: 4 / 5
Vixésimo cuarta xornada da liga de 1ª Estatal na que o Calvo Xiria rendía visita a León, e novo empate. Xogaba fronte ao cuarto clasificado, e como sucedera hai un par de xornadas ante o líder, reparto de puntos que non deixaba satisfeitos nin a uns nin a outros. Mais polo visto na pista do Pavillón Universitario “Hansi Rodríguez”, seguramente, sexa o resultado máis xusto que se puido dar.

Ao longo dos sesenta minutos o Calvo foi fiel ao xogo que mellor sabe facer, velocidade tanto no ataque como na defensa para tratar de levar vantaxe ante o que faga o seu rival. Pero atopouse, desta volta, cun equipo que utiliza unhas armas similares aínda que con algunhas diferenzas, e foron as diferenzas entre os dous equipos o que depararon un choque igualado e divertido que se pechou cun lanzamentos de sete metros a prol dos carballeses co tempo xa concluído, e que nas mans de Pablo transformouse no definitivo 33- 33.

Antes foi moito o que traballaron e loitaron os dous conxuntos nun vibrante partido e no que nin uns nin outros deron nada por perdido. Nin cando o Calvo se foi de catro goles no segundo tempo nin cando o ULE se puxo por diante a falta de trinta segundos para rematar o encontro. Non houbo un dominador claro, nin no electrónico nin no xogo, ambos mandaban e sufrían segundo o momento de partido do que se fale. Puídose ver un xogo visitoso e rápido, con aparacións de todos os xogadores nos momentos precisos.

Salientar a presenza nas bancadas do universitario dunha nutrida representación de «xiriareiros» carballeses.

A vindeira xornada, o sábado 31, ás 18.30 h, o Calvo xoga no Pavillón Vila de Noia ante o Cafés Toscaf, no que suporá o derradeiro partido de liga no seu feudo nesta tempada.