Último encontro da tempada para o Nordata Xiria

BM PORRIÑO 21 – 13 NORDATA XIRIA

Último encontro da tempada para as do Nordata Xiria que chegaban a Porriño sen intensidade, o que pasou factura durante os 50 minutos do encontro. Na primeira parte non eran quen de atoparse en defensa, mostrando unha cara totalmente descoñecida do equipo, sen intensidade nin axudas.

Mentres que na segunda parte os erros brillaban en ataque. Acostumadas a ser un equipo moi móvil no que todas as xogadoras participaban sen balón, desta volta as xogadoras víanse obrigadas a iniciar todas as accións en bote pola falta de xogo sen balón.

Remataban así as xogadoras do Nordata Xiria a tempada 23-24 cun mal sabor de boca, pero sen olvidarse de todo o conseguido durante o ano, que non debe verse empañado por un mal partido.

Nordata Xiria: Ana Velo, Sara Trigo, Lucía Castiñeiras, Natalia Varela (2), Sara Pallas, África Gómez (5), Mara Vidal, Inés Cabeza, Zaira Longueira (1), Aroa Lista (2), Alba Mourelle (3).