Último partido de Copa para o Garaysa Feminino

Este fin de semana disputábase o último encontro da templada por parte dos dous equipos, no Pabellón Vila de Noia.

O partido daba comezo cas xogadoras do Garaysa moi intensas en defensa, dificultando a chegada das xogadoras rivais frente a portería. Malia a boa intensidade defensiva, unha serie de despistes defensivos e erros nas axudas permitianlle o BM Culleredo anotar. Pola contra o Garaysa a pesar de chegar a situacións de 6 metros de maneira doada, non estaba acertado ante a gardameta visitante. Chegando o descanso cun resultado de 0 – 9 que non reflexaba a boa actuación das locais.

A segunda metade do encontro continuou os pasos da primeira parte, cas xogadoras do Xiria cunha alta intensidade defensiva e encontrando ocasión claras de lanzamento. As xogadoras locais conseguían recuperar balóns de forma clara, o que lles permitía subir o contraataque e conseguir anotar. O Culleredo seguía anotando en situacións de 1 x 1 no que o Xiria non conseguía chegar as axudas, conducta que cambiou nos últimos minutos do encontro por motivo do orgullo propio das xogadoras locais.

Rematando así o partido cun 5 – 19, que da por finalizada esta temporada na que o equipo sufriu unha gran progresión, quedando unha moi boas sensacións destas xogadoras para as próximas tempadas.

Garaysa Xiria (5): Lucía Lema(p), Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García, María Patiño, Coral Ruibal (2), Candela Couto, Natalia Cancela (1), Ana Pombo, Lara Hernández (2)

BM Culleredo (19): Irene Pacheco(p), Marta Franco (2), Antía Pardo, Paula Carballal (2), Carla Roca (1), Carlota Rodríguez (8), Aroa Barbeito (1), Sofía González, María Bescansa (1), Lucía Sánchez (4).