Un Balonmán Tui superior vence ao Goldie Xiria

Balonmán Tui 30 Goldie Xiria 18 (18-8)

O Goldie Xiria viuse superado na súa visita a Tui, nun puido aguantar as investidas do seu rival e non materializou as ocasións no ataque.

Comezou o encontro con intensidade nas dúas defensas, pero a diferenza de acerto de cara a portería foi marcando o transcurso do marcador, o Goldie perdoaba e o Tui aproveitaba cada perda de balón para distanciarse.

Na segunda metade o Xiria saíu

 Moito máis metido no encontro, cun parcial de 0 a 4, pero as lanzadoras en especial os extremos non tiñan o día diante da porteira do Tui, o que transmitía presas por finalizar e continuas perdas do balón en ataque.

Tampouco a labor arbitral axudou as carballesas, moi castigadas por la tolerancia  arbitral ante a dura defensa do balonmán Tui.

Balonmán Tui 30 (18): Noemi (porteira) María, Andrea, Pilar 1, Susana 8, Nerea 7,Dominguez 5, Iglesias 3, Begoña 6, Chapón e Alba

 Goldie Xiria 18 (8): Aida Cangas (porteira) Jessica Posse 5, María Gómez, Adriana Gómez, Zeltia Landeira, Natalia Solis 1, Tamara Pombo 2, Patricia García, Juana Garrochena 9, Lucía Vilariño 1 e Sheila Ferreiro.

Marcador cada 5 min .:   /1-1/  /4-3/  /9-4/ /12-5/ /14-7/  /18-8/  /18-10/   /20-12/ /21-13/   /23-15/   /25-17/  /30-18/

 Arbitraron: María Alvarez e Pablo Goitia, excluíron a Jessica Posse (2) Tamara Pombo e María Gómez 2) polo Xiria e a Pilar polo Tui