Un bo Calvo Xiria gaña en Tenerife

O Calvo Xiria tiña a difícil papeleta de gañar en Tejina, e o choque foi parello ata o final da primeira parte onde o Xiria rompeu a balanza cunha lixeira vantaxe ao seu favor; pero os locais subirían a intensidade defensiva e na segunda parte conseguía poñerse a un só tanto; pero manexou ben as situacións de máis presión para levar a vitoria a casa.

Ao comezo do partido; o Calvo Xiria trataba de frear as continuas situacións de 2×2 co pivote e manter un ritmo elevado sobre a pista; en ataque posicional custoulle un pouco máis asentarse na idea de xogo que querían expor; pero co paso dos minutos fóronse atopando máis cómodos e chegados ao minuto 20, o marcador reflectía un 8 a 9. A frescura dos xogadores permitiulles relar a gran nivel cara o final do primeiro tempo e chegar ao descanso con 10 a 14.

Tras o paso por vestiarios; o Xiria non estivo acertado na selección de lanzamento e tardaría máis da conta en anotar o seu primeiro gol. Poñían os locais máis intensidade, e reducían diferenzas; pero o Calvo Xiria non quedaba atrás e poñía toda a carne no asador para competir a un alto nivel. Os minutos finais e cando máis parecía apertar o conxunto local a través dunha defensa máis presionante, o Calvo Xiria atopou o camiño do gol, para facerse con dous puntos que o aúpan á quinta praza.

Bm Tenerife Tejina (10+13): Amit Vashedeev, Óscar Luís Rivero, Guillermo Navarro, Alby Regalado (3), Javier Aragón (5), David Fernández, Welton Guilherme (3), Víctor Manuel Oliva (6), Alonso Correa, José Antonio Rubio (1), Tomás Bañeras (5), Ángel Blas Martín, Gonzalo Arenas.

Calvo Xiria (14+12): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Gabriel Castiñeiras (1), Hugo Rodríguez (3), Carlos Guisasola (1), Diego Vega (6), Diego Antelo, Manuel Méndez (1), Alejandro Gómez (1), Jorge Bouzas (3), Carlos Varela, Mario Cancela (2), David García (7).

Parciales cada 5 minutos: 2-1, 4-4, 6-6, 8-9, 9-11, 10-14, (descanso), 11-14, 14-16, 16-18, 17-20, 20-22, 23-25.

Árbitros: Víctor Navarro e Armando Abel Pérez.

Incidencias: Partido correspondente a 23ª jornada do Grupo A da Primera Nacional, disputado no Complexo Deportivo Islas Canarias (Tenerife).