Un bo partido do Calvo Xiria; dalle a vitoria sobre o Balonmano Ingenio

Despois duns primeiros instantes de intercambio de goles, entre os dous equipos; o Calvo Xiria realizou un encontro completo, en todas as fases do xogo e fíxose cunha vitoria para seguir presionando a Lalín e Lanzarote por alcanzar os primeiros postos.

Ao comezo do partido tardaba en axustar a defensa o Calvo Xiria, o que aproveitaban os locais para poñerse por diante (7-5), pero o cambio de sistema defensivo, pasando a 6:0, serviulle ao Xiria, para atoparse cómodo. A partir dese momento tomou as rendas do partido e púxose por diante. Ingenio tratou de frear o ritmo visitante, cun tempo morto; pero a intensidade mostrada tanto en defensa como en ataque, facían que ao descanso, o Calvo Xiria fósese con vantaxe (11 a 16).

Tras o paso por vestiarios, o forte ritmo imposto por un Calvo Xiria enchufado, marcaba diferenzas de ata 8 goles en 5 minutos. Tratou de presionar o conxunto local, pero o Xiria mostrou un gran xogo entre liñas e os locais pelexaron ata os últimos 10 minutos, onde o partido estaba visto para sentenza, cando a diferenza superou os 10 goles.

Balonmano Ingenio 23 – Calvo Xiria 33

Balonmano Ingenio (11+12): Alberto Falcón, Francisco David Sánchez (1), Kilian Batista, Domingo Castro (7), Edgar Jesús (3), Rafael Sánchez (2), Sebastian Andrés, Armando Santana, Omar Jesús Perdomo (1), Pablo Hernández, Airam Deniz, Javier Sánchez (3), Jon Ander (3), Azael Santana, Sergio Castro (3).

Calvo Xiria (15+11): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (3), Gabriel Castiñeiras (3), Julián López, Fran Rey (1), Dani Mallo, Chimpo Rodríguez (5), Juanka Rodríguez (6), Manu Méndez (4), Jorge Bouzas (8), Adrián Losón (3), Edu Cousillas.

Marcador cada 5 minutos: 3-2, 7-5, 8-9, 9-12, 9-16, 11-16, (descanso); 12-20, 14-21, 16-24, 20-30, 20-32, 23-33.

Árbitros: Enrique Pérez e Luis Díaz-Flores.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo terceira xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pedro Padilla, Gran Canaria.