Un Calvo Xiria de dúas caras perde en Lalín

Un Calvo Xiria de dúas caras perde en Lalín

Viaxaba ata Lalín, un Calvo Xiria que trata de mirar cara diante na clasificación. O equipo busca progresar, nunha liga sumamente igualada. Pero a irregular segunda metade, lastra ao equipo no seu intento por sumar puntos en Lalín.

Empezaba o partido, favorable aos intereses do Calvo Xiria; un equipo adoitado e fiable que arrincaba con 1 a 4, no marcador. Lalín dáballe a volta, ben organizado por Roi Sierra desde o central; pero un gran David García, poñía de novo por encima aos seus.

As rotacións non se facían esperar en dous conxuntos que adoitan levar o ritmo alto do partido. A falta de 5 segundos para o final da primeira metade, de novo David, daba vantaxe de dous goles ao Calvo Xiria para irse ao descanso 14 a 16.

Tras o paso por vestiarios, o intercambio de goles saíu favorecido o Calvo Xiria con 15 a 19; pero Lalín subiu a intensidade defensiva, e estableceu un 5 a 0 de parcial, que lastraba ao Calvo Xiria, moi atascado en ataque, nese momento. Lalín mantíñase un gol por arriba e o Calvo Xiria trataba de recortar distancias; pero Iago González en portería cortaba calquera indicio de remontada visitante.

Os minutos finais do encontro e con defensa individual, o Calvo Xiria nunca perdía a cara ao encontro a pesar da derrota por 29 a 27.

Disiclin Balonman Lalín 29 – Calvo Xiria 27

Disiclin Balonman Lalín (14+15): Iago González (p), Marcos Vázquez (p), Juan Lago (4), Ramón Gil (11), Brais Cangado, Adrián Crespo, Martín Losón, Miguel García (3), Pablo López, Roi Sierra (6), Miguel López (1), Xosé Cuíña (1), Pedro Toimil (2), Adrián Ferradas (1), Adrián Losón, Víctor Hidalgo.


Calvo Xiria (16+11): Antonio Mato (p), Samuel Soneira (p), Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras, David García (10), Pablo Veiga, Julián García (4), Chimpo Rodríguez (2), Samuel Veiga, Daniel Periscal (1), Jorge Bouzas (2), Mario García De Seárez (1), Carlos Varela, Diego Gago (3), Mario Cancela (3), Senén Garea.


Árbitros: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.


Marcador cada 5 minutos: 1-4, 5-6, 8-8, 10-9, 12-13, 14-16, (descanso), 16-19, 22-21, 22-22, 26-24, 27-25, 29-27 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 17ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Lalín Arena (Lalín).