Un Calvo Xiria falto de intesidade perde en Vigo

A pesar de empezar mandando no marcador (1-2). O Calvo Xiria careceu da intensidade necesaria para competir o partido.

No minuto 7 Reconquista poñeríase por diante (3-2) aproveitando unha situación de superioridade numérica; e levando o partido ao ritmo que máis lle interesaba. O Calvo Xiria non foi quen de cambiar a situación na primeira parte e a diferenza elevouse ata o 18 a 11 co que nos iamos ao descanso.

Tras o paso por vestiarios; puidemos ver os mellores minutos da defensa dos de Carballo; reducindo a diferenza ata os 3 goles; pero a precipitación e a relaxación leváballes a cometer demasiados erros para darlle a volta ao marcador.

Ao equipo estaba a custarlle demasiado manter a regularidade á que nos tiña afeito ultimamente. Os locais devolvían de novo a renda aos 7 goles intensificando o contraataque.

O último cambio defensivo do Calvo Xiria incrementou o ritmo e serviu para pechar o resultado no 32 a 25 final.

A última xornada celebrarase, o sábado en Carballo, no enfrontamento contra Bueu. O Calvo Xiria quere regalar un bo partido a unha afección que estivo de sobresainte toda a tempada.

Bm Reconquista de Vigo 32 – Calvo Xiria 25

Bm Reconquista de Vigo (18+14): Raúl Pérez (p), Jesús Veiga (p), Pablo González (p), Daniel Gómez (5), Pablo Gayoso, Iago Vidal (4), Cristian Remeiro (3), Alejandro Gómez (1), Javier Freijeiro (2), Pablo Piñeiro, Xosé Henrique Costas (1), Daniel Vicente (3), Mario García De Searez (2), Agustín Franco (3), Carlos Gehrhardt (6), Pablo Garrido (2).

Calvo Xiria (11+14): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p), Aarón Rodríguez (3), Brais Puñal, Pablo Veiga, Julián García (5), Chimpo Rodríguez (2), Diego Vega, Manu Méndez (2), Álex Gómez (7), Carlos Varela (1), Mario Cancela (3), Martín Fuentes (2).

Árbitros: Gabriel Folgoso e Jordan Suárez.

Marcador cada 5 minutos: 1-2, 4-2, 8-3, 11-6, 15-8, 18-11, (descanso), 20-14, 21-17, 22-18, 27-20, 29-23, 32-25 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 29ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón As Travesas (Vigo).