Unha mágoa a derrota do Tubasys nos minutos finais do encontro que se disputou na mañá do sábado no Gatañal. As de Zarra comezaron o encontro con moi boa intensidade ante o equipo local que plantexou unha defensa 3:3 do mesmo xeito que as carballesas. O encontro non tivo en ningún momento un dominador claro, con alternancias no electrónico nun partido con bastantes imprecisións e onde as pontevedresas estiveron moito mellor nos momentos decisivos. A gardarredes do Morrazo resultou decisiva para o devenir do encontro, que deixa as carballesas sen puntuar nesta xornada.
Na próxima xornada, as do Tubasys Xiria reciben na casa o ED Poio Artai