Un desacertado Hierros Varela Urbieta Xiria perde en Arteixo.

O sábado viaxaba o Hierros Varela Urbieta Xiria a Arteixo disposto a conseguir os dous puntos en xogo pero a porteira local impediuno.

Na primera metade o Arteixo Maruxía Asesores saiu concentrado e cunha continuidade de balón que lle era difícil de frear ás de Carballo. Pero as visitantes conseguían manter o marcador con actuacións individuais que transformaban en gol. O resultado ao descanso amosabaa un 14-11 a favor das locais.

Na segunda metade as do Xiria saíron dispostas a darlle a volta ó marcador. Unha defensa máis contundente e presionante das visitantes levaba a numerosas recuperacións de balón que a porteira local impedía unha e outra vez transformar en gol. O Hierros Varela Urbieta Xiria intentouno ata o úlitmo minuto pero o desacertó de cara á portería impedían a ansiada remontada. O marcador final foi de 21-18.

Na vindeira xornada o Hierros Varela Urbieta Xiria enfrontarase ao Balonmán Culleredo en Carballo. A falta de 3 xornadas para que remate a liga regular, as do Xiria atópanse no 4º posto e as de Culleredo 9ª na clasificación. As de Carballo siguen loitando por rematar entre os catro primeiros postos da clasificación que dan o pase á seguinte fase da competición.

PARCIAIS: 2-0/2-3/6-5/7-8/11-9/14-11/17-12/18-14/18-15/20-17/21-18.

ARTEIXO MARUCÍA ASESORES: Paula Valderrábano Codesal (8), Adela Areoso López, Anheliz Amarys Alexandre Justin (5), Lucía Ponte Díaz (3), Candela Puga Presedo (4), Diana Dozo Domínguez, Nerea Pose Leis (3), Marta Valderrábano Codesal (2), Paula Cabezas Vaquero, Carla Estraviz Suárez.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Anna María Hernández Prado (1), Elena Collazo Rey, Lara Otero Suárez (1), Lucía España Moreira (1), Marta Gómez Agra (6), Nerea Varela Vila (5), Nina Pereira Abelenda (3), Uxía Suárez Fernández, Valeria Figueroa Santos (3), Ana Pombo Doldán.