Un desconectado Grupo Lemaco Xiria B perde en Bueu

Perdía o Grupo Lemaco Xiria B, un encontro no que foi de máis a menos, onde se atopou cun Bueu que xogou mellor e ao que non soubo frear desde a defensa. Os locais impuxeron o ritmo de xogo que máis lles interesou e o Xiria non soubo levar o partido ao seu terreo. O marcador é fiel reflexo do que se viu nos 60 minutos disputados.

Ao comezo do partido sairía ben o Grupo Lemaco Xiria cun ritmo alto e efectivo nas transicións; pero cunha defensa que debería axustarse mellor ante as situacións que marcaba Bueu, No miunto 20, 12 a 16 e parecían saírlle as cousas aos visitantes. Pero en 5 minutos o Bueu Atlético máis efectivo en defensa e ataque daba a volta ao marcador e ao descanso chegaríase con 21 a 17.

Tras a continuación, o Grupo Lemaco Xiria non freaba a sangría goleadora e en ataque posicional, a falta de ideas provocaba demasiadas perdas de balón. Tampouco conseguía correr nas transicións; cun Bueu crecido o marcador reflectiu un 40 a 33 final.

Bueu Atlético Balonman 40 – Grupo Lemaco Xiria B 33

Bueu Atlético Balonman (21+19): Matías Gestido (2), Jaime Moldes, Miguel Piñeiro, Rubén Antonio Viu, Martín Cadilla (12), David Entenza, Gael García, Martiño Castro (14), Jose Manuel Cordeiro, David Álvarez (5), Juan Cruz (3), Antón Fernández (2), Marcos Martínez (2), Víctor Vidal, Pedro Costas.

Grupo Lemaco Xiria B (17+16): Antón Pardiñas (p), Yago Sande (p), Diego Barbeira, Brais Suárez (3), Máxi Días, Nicolás Cancela (1), Marcos Varela, Henrique Traba (6), Álvaro García (1), Diego Mourelle (3), Marcos Suárez (6), Aday Gómez, Simón Viña, Daniel Periscal (13).

Árbitros: Julio Villanueva e María Josefa Álvarez do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente a 3ª xornada do Grupo polo título na liga cadete prata, disputado no pavillón Pablo Hervello (Bueu).