Un dominador Garaysa Xiria leva a vitoria

Primeiro partido a domicilio para o Garaysa Xiria nunha nova xornada da división de honra infantil masculina. O seu rival a SAR de Redondela non puido facer nada ante o empuxe que mostraron os carballeses desde o inicio do encontro. Cun bo xogo colectivo e intensidade superaron aos locais en todas as facetas do xogo. Destacar o bloque defensivo do equipo que propiciou que houbese un gran número de contrataques e levou o resultado ao 13-41 final.

Na seguinte xornada que se disputará o 12 de outubro, o Garaysa Xiria recibe ao Bm Lavadores, en Carballo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón A Marisma cunha entrada de 100 seareiros, dos cales 50 eran carballeses. Colexiado: Rogelio Rojas Mesa do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Diego Antelo (12´) e Áaron Rodríguez (49´) por parte visitante. / 7 metros: S.A.R Centro Medico Cesantes 2/3 // Garaysa Xiria 3/3.

Marcador cada 5 minutos: 1-5, 3-10, 4-13, 4-17, 5-18, descanso, 8-22, 9-29, 10-34, 10-37, 13-41.

S.A.R. CENTRO MEDICO CESANTES 13 ( 5 + 8 ): Sobral Otero, Alonso Gil, Sánchez Nogueira (2), Rodríguez Muiños (3), Rodríguez Martínez (5), Rodríguez Piñeiro, Castro Torres (1), Costa Castro, Pérez Otero (1), Pérez Villar (1).

GARAYSA XIRIA 41 ( 18 + 23 ): Pedro Pena [p], Áaron Rodríguez (3), Carlos Varela (5), Mario Cancela (7), Daniel Mallo (11), Fernando Mallo (2), Juan Pereira (5), Diego Antelo (6), Julián García, Antonio Calvelo (2), Pablo Esmoris.

 img-20161001-wa0001 img-20161001-wa0002 img-20161001-wa0004 img-20161001-wa0005 img-20161001-wa0008 img-20161001-wa0013 img-20161001-wa0014 img-20161001-wa0015 img-20161001-wa0017 img-20161001-wa0018 img-20161001-wa0019 img-20161001-wa0020 img-20161001-wa0023 img-20161001-wa0027 img-20161001-wa0036 img-20161001-wa0040