Un emocionante encontro entre o Punta Del Este Xiria e o Rasoeiro que remate en empate

O sábado 16/03 o Punta del Este Xiria recibía en casa ao Rasoeiro. O encontro disputouse ás 12:00 na zona escolar do CEIP Fogar.

O partido presentábase bastante igualado, xa que na primeira volta as do Xiria estiveron a piques de levar o partido pero uns fallos defensivos xunto co cansazo impediullo. Desta vez, as carballesas tíñano claro e é que non llo ían a poñer nada fácil, tiñan a intención de que os dous puntos quedasen en casa.

Comeza a primeira parte, o Punta del Este Xiria ten a posesión do balón. As carballesas atópanse moi paradas en ataque, atacando moi estáticas con pouca actitude de querer levarse o partido. Polo contrario, na defensa estaban mais activas chegando ben as axudas, pechando ben os ocos do centro. Pero isto non era suficiente para parar as do Rasoeiro que se poñían con 5 goles de ventaxa sobre as locais. Vendo a situación que estaba a suceder, Natalia, decidiu pedir tempo morto e reorganizar o xogo. Unha vez transcurrido e xa no campo, as do Xiria comezaron a impoñerse e a levantar o partido, chegando o descanso cun resultado 8-10.

Tan só a dous goles de diferencia as do Punta del Este vían que aínda había posibilidades de remontar. Comezaba a segunda parte e as carballesas defendían con intensidade, con moito contacto provocando perdas de balón no ataque das do Rasoeiro. No ataque, estaban atacando con moita forza dándolle continuidade o balón e aproveitando os espacios baleiros nos exteriores que remataban en gol. O encontro estaba moi igualado, polo que as locais non podían virse abaixo en ningún momento. Chegou o final do partido cun resultado 19-19, un encontro moi intenso no que en ningún momento as do Xiria nin as do Rasoeiro se deron por vencidas. 

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Lucía Lema[p], Natalia Cancela (5), Dunna Barca (3), Stefania Landri, Candela Couto, Coral Ruibal, Ctalina Malgalhaes (2), Lara Hernández, Leticia Santos (6), María Patiño, Lara Souto (3).

BM RASOEIRO: Lira Otero, Victoria Garay, Zeltia Pérez (6), Uxía Meis (1), Erixua Otero (6), Yaiza Vila (2), Mirella Vera (1), Carla Domínguez (3), Carmen Otero. 

O próximo 24/03 o Punta del Este Xiria viaxará a Porriño para disputar a última xornada de liga de División de Honra Infantil Femenino. Celebrarase no Pavillón Municipal de deportes de Porriño. Polo tanto,  será un partido moi igualado xa que na primeira volta terminou en empate. As carballesas seguen coa idea de pelexar cada partido ata o último minuto, as súas mellorías e progresións son notables polo que a concentración e a intensidade serán as cables deste partido.