Un famento Calvo Xiria leva a vitoria en Lalín

Un partido con altos e baixos; emocionante e non acto para cardíacos. O Calvo Xiria foi superior na primeira metade (12-20), e nos segundos 30 minutos, a dureza defensiva local que non se viu penalizada en ningún momento e as exclusións en contra do Xiria, fixeron que os de Lalín chegasen a empatar o encontro; pero Chimpo marcando os dous últimos goles e Iago coa última parada tras unha gran defensa remataron o partido; conseguindo así os dous puntos e dar valor ao esforzo colectivo do Calvo Xiria.

Ambiente de luxo no municipal, ata o que se desprazaron numerosos afeccionados de Carballo que se fixeron notar durante os 60 minutos animando sen parar a un Calvo Xiria entregado. Nos primeiros minutos de xogo, intercambio de golpes entre ambos os conxuntos moi concentrados sobre a pista. O Calvo empezaría a tomar a iniciativa no marcador, a base de anticipación defensiva en colaboración coa portería e roubos de balón, onde Jorge é o especialista, chegábase ao minuto 15 con 5 a 7. Unha vantaxe que se vería en aumento, grazas á constancia no xogo do Xiria; que non só defendía ben; senón que tamén luciría os mellores minutos de ataque; froito do traballo semanal, que segue en progresión. Minuto 25; 9 a 16; os cambios permitían ao Xiria manter o ritmo de xogo; chegando ao descanso 12 a 20.

Tras o paso por vestiarios, os ataques mandaban sobre as defensas, e o Xiria estaba cómodo; chegando ao minuto 40, con 17 a 24 e sen nada que perder, o Embutidos Lalinense; incrementou a dureza defensiva, factor que permitiron en demasía os árbitros; o meta local Iago, empezou a parar; recortando distancias (21-25). O Calvo Xiria obrigado polas circunstancias pediu tempo morto. Quedaban 14 minutos e ardía o municipal; ambas as afeccións entregadas ao 40×20.

Pero á volta; os de Lalín aproveitábanse de dúas exclusións practicamente seguidas para poñerse a 1 un só gol; e cando peor o estaba pasando o Xiria; o porteiro local que foi un dos protagonistas cas súas paradas na segunda parte; entorpecería o balance defensivo de Julián, e sería excluído. Os dous equipos cun xogador menos. Lalín conseguiría empatar (29 a 29); pero Chimpo aproveitou unha superioridade momentánea de 4 segundos para poñerse por diante; a replica de José Pedreira; levaría de novo a igualdade; e unha vez máis Chimpo perforaba a meta rival; poñendo o marcador definitivo de 30 a 31 e aínda que o Lalín tivo unha última posesión; a defensa sobre Pachi, e a intervención de Iago, fixeron que o gran traballo colectivo por parte do Calvo Xiria, dese os seus froitos cunha gran vitoria.

Embutidos Lalinense 30 – Calvo Xiria 31

Embutidos Lalinense (12+18): Durán, Ramón (3), José (7), Roberto Álvarez (3), Rubas, Martín, Bruno (1) -equipo inicial-, Ivi, Iago, Pachi (3), Tate (4) Aser, Porto (5), Jorge (2), Juan y Adrián (1)

Calvo Xiria (20+11): Iago [p], Fary (4), Juanka (7), Manu Méndez (3), Jorge Bouzas (3), Adrián Losón, Edu Cousillas (4) -equipo inicial-, Antonio [p], Julián (1), Brais Puñal, Fran, Chimpo (8), Alejandro y Franco

7 metros: Embutidos Lalinense 3/5  e o Calvo Xiria 0/0

Exclusiones: Embutidos Lalinense 2; Miguel Porto (24´) y Iago González (55´); mentras o Calvo Xiria 5; Fran Rey (4´), Juanka (8´,50´), Brais (34´) e Manuel (54´)

Maracdor cada 5 minutos: 2-2, 4-6, 5-7, 7-11, 9-16, 12-20 (descanso); 14-22, 17-24, 20-25, 23-27, 26-28 y 30-31.

Árbitros: Andrés Leandro Martín González e Diego Pastoriza.

Incidencias: Partido correspondente á sétima xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Municipal de Lalín diante duns 500 afeccionados.