Un Goldie Xiria falto de competición cae diante do Nova Xestión Pabellón

Estreábase en liga o Goldie Xiria, no seu primeiro partido despois das vacacións estivais. Notouse en demasía que as xogadoras estaban con moitas ganas de xogar e isto levounas a precipitarse nos primeiros instantes, do encontro.
Unha vez superados os nervios iniciais, conseguiron empatar no marcador.
As locais que empezaron con defensa 5:1 tiveron que trasladar a 6:0, para darlle maior seguridade a unha parcela defensiva con demasiados altibaixos.
Pequenos erros que se irán corrixindo co paso dos partidos, onde se irá collendo confianza e ritmo. Ao descanso 11 a 12.
Na continuación, intercambio de golpes no marcador dun e outro equipo para chegar aos instantes finais coas ourensás por diante, en parte, porque as locais non tiveron o día nos lanzamentos desde os 7 metros. As do Goldie Xiria, volvían á defensa 5:1 para tentar a remontada que a punto estivo de producirse. Marcador curto de 21 a 23, en parte grazas a porteiras dos dous equipos.
A segunda xornada o Goldie Xiria enfróntase ao Asmubal Meaño como visitante.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila De Noia ante un centear de seareiros moi animados. Colexiado: José Henrique Folgoso e Pablo Torreiro do colexio galego.

GOLDIE XIRIA 21 ( 11 + 10 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (1), Alba Rodríguez (2), Natalia Solís (2), Soraya Martínez, Eva Facal, Mina Ribullén, Aida Vizcaíno (3), Jessica Posse (1), Saray Couto, Elena Segade (5), Sheila Ferreiro (2), Sandra Santos, Raquel Gómez (5).

NOVA XESTION PABELLON 23 ( 12 + 11 ): Andrea Fernández [p], Andrea Valcárcel (1), Michelle Morales (3), Ana Pérez (5), Miriam Lamas, Ángela Oliveira (5), Sandra Sánchez (5), Ruth Sánchez (2), Andrea López (2), Bárbara Iglesias