Un Goldie Xiria Carballo Turismo impecable logra a vitoria en Tui

O Goldie Xiria Carballo Turismo desquitouse ante o Balonmán Tui o pasado sábado cunha vitoria incontestable no que é, ata o de agora, o mellor encontro das carballesas no que vai de campionato.

Coa incerteza das novas restriccións horarias, que obrigaban a adiantar o encontro ata en dúas ocasións, os colexiados Patric Espada e Pedro Pérez daban comezo ó partido ás 20:05.  Dende ese momento, as nosas impuxeron un ritmo de xogo moi alto con sucesivas transicións, accións de finalización moi claras dende os extremos e unha defensa 6:0 que o rival non foi quen de facer fronte. Con todo isto chegouse ó descanso cun 7-12 no marcador e con sensacións moi positivas.

Trala reanudación, o Bm Tui saiu de inicio con sete xogadoras en pista para tratar de sorprender ó Xiria e darlle a volta ó marcador, pero unha defensa 5:1 moi activa e con gran capacidade de disuasión impedía as xogadoras tudenses atopar situacións claras de lanzamentos e só conseguiron un tímido acercamento no marcador, chegando a estar a só tres tantos de diferenza. As dudas comezaron a achegarse ó banquillo visitante, mais varios roubos de balón consecutivos permitiron goles coa portería baleira e obrigaban o entrenador local a cambiar o plantexamento e volver a xogar con seis xogadoras de pista; o bo facer das xogadoras do Xiria en todas as facetas do xogo e o elevado número de pérdidas locais, provocadas pola presión da defensa carballesa, fixeron posible o engrosamento do marcador ata chegar óvabultado resultado final de 17-30.

Moi bo partido de todas as xogadoras, dominando todas as facetas do xogo, xogando con moita confianza, moi seguras e desfrutando de cada unha das accións. As únicas notas negativas son as lesións de Maura no quecemento e Jessi na recta final da primeira parte que esperemos se reincoporen ó grupo o antes posible.

Esta semana o equipo desprázase ata A Cañiza para medirse o líder invicto do grupo no penúltimo partido da primeira fase.

CLUBE BALONMÁN TUI 17 (7+10)

1.Noemí Romero (p), 3. Andrea Gregores, 4. Begoña Toucedo, 7. Nerea Míguez, 8. Marta Rodríguez, 9. Andrea Iglesias, 11. Ana González, 13. Carolina Loureiro, 14. Paola Iglesias, 15. Sonia Rodríguez, 16. Lucía Cruces (p), 17. Claudia Martínez, 18. Nerea Capón, 20. Irea Piñeiro.

GOLDIE XIRIA CARBALLO TURISMO 30 (12+18)

1.Nadia Vázquez (p), 2. Juana Garrochena (3), 3. Carla Santiago, 6. Aida Vizcaíno (6), 7. Mina Ribullen (7), 12. Sara Pose (p), 13. Minia Calvo (4), Jessi Posse (1), Natalia Solís, 19. Alba Rodríguez (1), 21. Maura Fernández (p), 23. Elena Segade, 24. Sheila Ferreiro (1), 26. Raquel Gómez (6), 27. Lara Otero, 28. Marta Gómez (1).

 

Podedes atopar todas as imaxes do partido en:

http://www.decargil.com/2021/01/16012021-1-autonomica-femenina-tui-xiria.html

https://drive.google.com/drive/u/0/folders/1s6JlFJ-GvZofHn2_HlLUwFIc2ysW2cPn