Empezaba o partido con claro dominio dos ataques sobre as defensas. Os locais con continuos desdobramentos sorprendían ao Garaysa, que aos poucos conseguía coordinar os movementos defensivos e impor a súa fortaleza física. Con dominio visitante no marcador, o Prosem Lalín pedía un tempo morto e sairía con porteiro-xogador, para realizar ataques en superioridade de sete contra seis. No primeiro intento os visitantes víronse sorprendidos e encaixaron gol; pero souberon manter a cabeza fría, con boas basculacións, non permitindo a circulación de balón, sairían ao contrataque para sentenciar o partido na primeira parte cun claro 13 a 26.
Na continuación, o Prosem Lalín seguiría tentándoo a través de lanzamentos exteriores do seu laterais pero os visitantes ben organizados apenas deixaban espazos e en ataque aseguraban cada balón até conseguir boas situacións de lanzamento, o que deixaba o resultado final en 21 a 48.
Na seguinte xornada, gozaremos do derbi onde o Garaysa Xiria recibe a visita do OAR Coruña. Os dous equipos chegan con pleno de vitorias despois de catro xornadas.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Lalín Arena cunha entrada de 150 seareiros. Colexiado: Jose María García Cortizo do colexio galego. / 7 metros: Prosem Lalín 1/1 // Garaysa Xiria 1/1.
Marcador cada 5 minutos: 4-5, 6-10. 7-16, 10-20, 13-26, descanso, 15-28, 17-34, 19-39, 21-45, 21-48.
PROSEM LALIN 21 ( 13 + 8 ): Eric (3), Izan (2), Martín (4), Breixo, Aitor (5), Xan, M. García, Fernández Batán (2), Ferradas López (3), Montero Pérez, F. Padín (2).
GARAYSA XIRIA 31 ( 26 + 22 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (6), Carlos Varela (3), Mario Cancela (11), Daniel Mallo (3), Fernando Mallo (6), Juan Pereira (3), Diego Antelo (4), Julián García (6), Antonio Calvelo (5), Pablo Esmoris (1).










