Un gran HVU Xiria leva os dous puntos ante o UB Lavadores

Magnífico encontro das nosas xuvenís que souberon sobrepoñerse ás baixas e gañar con solvencia ó Lavadores.

Tras uns primeiros minutos de tanteo sen claro dominador, o Xiria comezou a medrar dende a defensa afogando todas as tentativas do equipo olívico. A defensa 6:0 local liderada por Leti e Nati permitía recuperar moitos balóns a dar liberdade ó ataque onde o acerto de Duna e Nerea foi decisivo.

Tralo 18-10 ó descanso, as carballesas non se relaxaron na segunda metade. Con moitas rotacións, cun equipo con máis cadetes que xuvenís, a intensidade non baixaba. A distancia no marcador ía agrandándose ós poucos ata chegar ó 33-16 final.

Destacar, unha semana maís, a actuación de Lucía en portería especialmente dende a liña de sete metros.

Esta semana as nosas volven xogar na casa diante dun dos rivais máis fortes da categoría: o Escayolas Miguel Santos Bm Cangas.