Un Grupo Lemaco B cheo de inclemencias cae en Caselas

Un Grupo Lemaco B cheo de inclemencias cae en Caselas

Unha mágoa a mala sorte que está a perseguir este final de campaña ó equipo cadete feminino da Liga Prata. E pasa que as lesións e enfermidades están dificultando que o equipo poida demostrar o bo nivel que nos deixou durante a fase regular onde so perdeu ante o Bm. Culleredo A.

A pesar de todo, as do Grupo Lemaco B se presentaron en Caselas mostrando unha moi boa cara, e onde non baixaron os brazos en ningún momento, exixíndolle o equipo local ata os minutos finais. 

Cunha defensa de pouco peso, o equipo de Zarra optou por defender algo máis aberto pero a intensidade das locais terminaba por desarbolar a zona central e so o bo facer polos lanzamentos exteriores da gardarredes mantiña as carballesas no xogo. Pero a medida que foron pasando os minutos e a falta de fuelle, terminou por desmarcar no electrónico ás de Salceda, que suman así a segunda victoria en dous partidos.

Esta vindeira semana as carballesas recibirán o Bm. Cañiza, unha pedra de toque dura, pola intensidade do equipo pontevedrés