Un Grupo Lemaco “B” moi superior fronte ao Lucus

Grupo Lemaco Xiria «B» 42 Balonmán Lucus 21 – (22-7)

Na mañá do sábado o Grupo Lemaco recibía ao Balonmán Lucus, do que dou boa conta ao dobregalo no marcador.
Dende o inicio do encontro os carballeses amosaron intensidade na defensa aberta e sobre todo orde para asfixiar coa presión ao rival, pronto o Xiria transformaba cada roubo de balón en unha contra rápida chegando facilmente a portería contraria. Orde tamén no ataque posicional onde superaba con facilidade a defensa contraria.
Tras a diferenza de goles ao descanso, o Grupo Lemaco seguiu desenrolando un bo xogo e fíxose comodamente cos dous puntos, cun resultado final de 42 a 21.

Grupo Lemaco Xiria B 22 (42): Dani Bello, Manuel Rey 8, Manuel Pérez 7, Marcos Amarelle 2, Pablo Veiga 6, Hugo García 8, Pablo Suárez 9, Miguel Cambón 2 e Angel Villar.

Balonmán Lucus 21 (7): Juan Amedo 3, Adrián Feijoo, Adrián López, Brais Redondo 9, Unai López 7, Samuel Hermida, Bieito Martínez 1, Angel Canario 1

Arbitraron: Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso