Un intermitente Laber Xiria caeu na súa visita ao Tui

Un Laber Xiria que non logrou encontrar a constancia ao longo do encontro caeu no que sería a súa estrea copeira ante o Tui, logo de ter que aprazar o partido da primeira xornada desta competición.

Clube BM Tui 38 – 28 Laber Xiria A

Clube BM Tui (16+22): Rubén Gómez, Pablo Gándara, Anxo Vila, Diego Rodríguez, Carlos Júnior Correia, Jorge Domato, Lois Estévez, Anxo Álvarez, Miguel Pena, Pedro Pérez, Mateo Moroño, Hugo Ramos e Manuel Lorenzo.

Laber Xiria A (14+14): Esteban Puñal, Romeo Castiñeiras, Anxo Canosa, Jesús Miguel Goimil, Andrés García, Julián García, Samuel Veiga, Mateo Pallas, Juan Martín Fajardo, Adrián Sande e Darío José Calviño.

Árbitros: Alberto Fernández Costa e Silvia Vázquez Román; e, Beatriz Pena Alonso e Paula López Cameselle, como cronometradores; todos do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada da Copa Galicia Xuvenil Masculina disputado no Pavillón Municipal Nuevo Tui (Tui).

Encontro que comezou cun gran ritmo por parte do conxunto local, o cal buscaba saír moi rápido á contra e tratando finalizar en accións curtas, pero aínda así a igualdade foi a tónica predominante dun inicio de partido no que os ataques lle estaban gañando a partida ás defensas.

A falta de contacto dos carballeses en accións defensivas fixo que o Tui fose collendo vantaxe no marcador, aínda que os homes de Brais Puñal lograríanse repoñer e chegarían ao descanso dous abaixo no instantáneo.

Á volta dos vestiarios, a dinámica do encontro cambiou, o Xiria decaeu e os locais aproveitarían a tesitura para lograr un parcial moi contundente e poñer o encontro moi favorable para os seus intereses.

A pesares disto e debido a gran actuación da portería carballesa, os verde e negros lograrían recortar diferenzas ata os tres goles pero isto só foi un espellismo xa que no tramo final, o Tui volvería a marcharse no marcador e lograr unha vantaxe final de +10.