O Calvo Xiria iniciou este domingo a tempada cunha derrota na casa por 30-32 ante o BM Lanzarote, un dos equipos favoritos da categoría. Os carballeses competiron ben e non lle perderon a cara ao partido ante un rival que levou a iniciativa no marcador e cunha portería intratable.
Primeiro partido da tempada co pavillón Vila de Noia como escenario. Ao comezo do partido o porteiro rival Saúl avisaba das súas intencións e os de Adrián Dubra, encaixaban un 0-3 diante dun Lanzarote que desde o primeiro momento púxose por diante. O primeiro tanto do Xiria chegaba desde os sete metros e pouco despois Chimpo anotaba o 2-3. Os locais imprimiron a súa habitual velocidade ao seu xogo e no minuto 8 empataban (5-5) cun tanto ao contragolpe. Mesmo puideron poñerse por diante, pero as súas posibilidades pechábaas ben Saúl en portería. A partir de aí, o cadro canario manexouse con vantaxes de ata catro goles, co Xiria moi metido no partido, recorrendo á potencia de lanzamento de David García para perforar a defensa visitante. Quenda para Antonio Mato, que realizaba paradas importantes para manter ao seu equipo no partido cando este estaba cun xogador menos e chegabase ao descanso con 15-19 no marcador.
O Calvo Xiria comezaba a segunda parte imprimindo maior presión ao seu defensa, pero seguía desaproveitando accións claras e o Lanzarote collería máis distancia. Os canarios dispuxeron dunha renda máxima de oito goles, que o Xiria foi recortando ata o definitivo 30-32. Partido intenso e moi competido, no que o cadro local deu unha boa imaxe e deixou boas sensacións neste inicio de tempada. Destacar a Julián García como o máximo anotador do Xiria (7 tantos) e o segundo do encontro, por detrás do visitante Mauro Jaureguiberry (10 goles). A próxima xornada toca visita ao BM Ribeiro.
Calvo Xiria 30 – Bm Lanzarote Ciudad De Arrecife 32
Calvo Xiria (15+15): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Gabriel Castiñeiras (2), David García (6), Chema Negreira (2), Pablo Veiga (3), Julián García (7), Chimpo Rodríguez (4), Samuel Veiga, Julián López, Daniel Periscal (1), Jorge Bouzas, Mario García De Seárez (2), Marcos Suárez, Diego Gago (1), Senén Garea (2).
Bm Lanzarote Ciudad De Arrecife (19+13): Saúl Rodríguez (1p), Javier Santana (p), Mauro Jaureguiberry (10), Rafael Robayna (4), Acoidan Martín (4), Abián Martín (1), Javier Aragón (4), Aday González, Oscar Silva, Pedro Santiago Noda, Santiago Enzo (2), Manuel Ángel Iglesias (2), Adrián Juárez (4).
Árbitros: Francisco Fernández e Daniel Álvarez.
Marcador cada 5 minutos: 1-3, 5-5, 7-10, 10-13, 13-15, 15-19, (descanso), 15-21, 17-23, 20-28, 23-30, 27-31, 30-32 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 1ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).

