Un mal Garaysa A cede na súa visita a Carballal

Logo dun mal inicio de encontro, os de Carballo souberon volver ao partido, pero un arreón final dos locáis privou ao Garaysa dos dous puntos

Carballal Balonmán 35 – Garaysa Xiria A 30

Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López (11), Ivan Rey, Gonzalo García (3), Quintín Insua (5), Rodrigo Rama (5), Sergio Pérez (1), Lucas Radio (2), Brais Sánchez, Dani Pan (1) e Hugo Rama (2).

Incidencias:  Partido correspondente á 5 ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón de Loureiro (Carballal)

Comezaba o partido en Carballal cun Garaysa moi frouxo nas súas tarefas defensivas e moi precipitado en ataque, que facía que os locáis colleran unha gran vantaxe de ata 8 goles e facía parar o partido ao Xiria. Dende ahí, comezou a remontando visitante, que en 10 minutos, empataba o partido para irse ao descanso 17-17.

A segunda metade foi unha moeda ao aire, onde os dous equipos poideron levarse o encontro, pero outra vez, a mala defensa e a precipitación en ataque fixo que o equipo local collese unha pequena vantaxe de 3-4 goles que sería suficiente para levarse a vitoria e os dous puntos.

O Garaysa Xiria A continúa 3º clasificado e este sábado recibe ao Reconquista de Vigo.