O Garaysa Xiria viuse superado en todo momento nun partido onde o Bueu dominou de principio a fin
Atl. Bueu 33 – Garaysa Xiria A 21
Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López, Ivan Rey, Gonzalo García, Quintín Insua, Rodrigo Rama, Sergio Pérez, Lucas Radio, Brais Sánchez, Dani Pan e Hugo Rama.
Incidencias: Partido correspondente á 11ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Pablo Herbello (Bueu).
O encontro arrancaba cun mal Garaysa Xiria, que non era capaz de superar a defensa 6:0 cerrada do equipo local. Chegados ao ecuador da primeira metade, os carballeses, con tan só 4 goles anotados, seguían intentando entrar no partido e a verdade é que non o fixeron en ningún momento.
A segunda metade seguiu a mesma tónica que a primeira e aínda que os de Carballo, intentaron unha defensa máis aberta para intentar entrar no encontro, a superioridade física do locáis impuxo a súa lóxica e chegaríase ao final con 12 goles de diferencia a favor do Bueu.
O Garaysa Xiria segue 6º clasificado con 10 puntos, mentras que o Bueu ascende á 2ª, con 15 puntos.