Mal inicio de ano para o Garaysa Xiria A, que se viu superado en todo momento por un gran Cangas
Balonmán Cangas 52 – Garaysa Xiria A 29
Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López (7), Ivan Rey (2), Gonzalo García (2), Rodrigo Rama (7), Lucas Radio (4), Brais Sánchez, Dani Pan (4) e Hugo Rama (3).
Incidencias: Partido correspondente á 8ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón O Gatañal (Cangas).
Chegaba o primeiro partido do 2024 para o Garaysa Xiria A e facíao ante o líder invicto Cangas. O encontro comezaba moi parexo nos primeiros minutos e con moita intensidade por parte de ambos equipos, pero chegados ao ecuador da primeira metade, o partido rompíase por parte local, e os cangueses metíanlles unha marcha máis para coller ata 10 goles de vantaxe e sentenciar case o encontro.
Na segunda metade, e xa con moitos goles de diferencia, os carballeses baixaron os brazos e non conseguiron en ningún momento estar no encontro.
A vindeira semana visita Carballo o segunda clasificado, o Balonmán Lalín, no que será outro partido dificil para os nosos.


