Un mal inicio condena a un gran Hierros Varela Urbieta Xiria

Este pasado sábado xogaban as cadetes do Hierros Varela Urbieta Xiria o seu último partido da primeira fase da liga regular en Moaña.

Nos primeiros minutos de xogo un Xiria descentrado e sin intensidade non era quen de facerlle fronte a un Bm. Moaña que se sentía cómodo e seguro. Tras o 4-0 do marcador as carballesas fixeron “borrón e conta nova” e comezaron a amosar unha cara totalmente diferente. Unha defensa intensa permitían numerosas recuperacións de balón que igualaban o marcador cun 4-4. Na primeira metade a igualdade predominaba no marcador pero as locais sempre ían un paso por diante. Chegouse ó descanso cun 13-10 no luminoso.

Na segunda metade ambos equipos seguiron na mesma liña. As do Xiria mantiñan as opción gracias á súa gran defensa pero o desgaste físico que iso conlevaba provocaba erros de lanzamento que impedían a ansiada remontada. A falta de 30 segundos, as rapazas do Xiria tiñan a posesión do balón con opcións de acadar un punto máis que traballado pero, a boa defensa local frustraba o último intento e deixaba un marcador final de 27-26.

O Hierros Varela Urbieta Xiria rematou xa os seus partidos da primeira fase da liga regular quedando no cuarto posto da táboa clasificatoria. Os catro primeiros clasificados (Bm. Moaña, Bm. Tui, Bm. Brigantium e Hierros Varela Urbieta Xiria) acadaron o pase á segunda fase que será o 29, 30 e 31 de marzo nunha sede que aínda estar por determinar. Espéralle ás carballesas unhas semanas de duro traballo para a preparación desta competición onde agardan mostrar a melloría acadada nesta tempada.

PARCIAIS: 4-1/4-4/7-6/8-7/11-9/13-10/15-12/17-16/20-18/24-22/25-24/27-26.

BM MOAÑA: Marta Chavert Alonso (17), Laura Pouso Seoane, Irene del Río Lemos, Ana Martínez Rodríguez (3), Jessica Soliño Ferradas (3), Yanira Paz Couso, Lara Olebagoya García, Ara Torrado Molanes, Lorena Cancelas Pequeño (1), Candela Rodríguez Díaz, Paula Abalde Cruz, Uxía Hermelo Veiga, Emma Gayo Marcos (3), Laura Rúa Suárez.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Alba García López, Anna M. Hernández Padro (5), Elena Collazo Rey, Lara Otero Suárez (8), Lucía España Moreira (1), Marta Gómez Agra (1), Nerea Varela Vila (2), Nina Pereira Abelenda (5), Uxía Suárez Fernández, Valeria Figueroa Santos (4), Ana Pombo Doldán.