A pesares da gran reacción da segunda metade, o Garaysa B non puido sacar os 2 puntos nun gran partido por parte dos dous equipos
Garaysa Xiria 34 – Reprint Arteixo 36
Garaysa Xiria: Dani Pan, Álvaro Cotelo, Andrés Gómez, Lucas Radio, Rodrigo Rama, Quintín Insua, Jorge Nielsen, Gonzalo García, Marco Núñez, Óscar Longueira, Andrés Gómez, Iván Rey.
Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo).
Comezaba o partido cun Garaysa que non se econtraba en ataque, con demasiados botes de balón e fallos de lanzamento. Atrás, os de Carballo probaban por primeira vez na tempada unha defensa 5:1 onde non se encontraron en ningún momento, xa que estaba faltando contundencia nos 1 vs 1. Chegados ao descanso, os de Carballo perdían por 7 goles.
A segunda metade foi outra historia. O Garaysa volvía á súa habitual 3:3 presionante, e dende ahí conseguía remontar o partido grazas ás rápidas contras e ao xogo sen balón que tanto se botou de menos na primeira metade. A falta de 5 minutos e co partido empatado, malas decisións en ataque impediron a vitoria nun partido que aos carballeses lles ten que servir para aprender.
A próxima fin de semana o Garaysa B viaxa a Oleiros para enfrontarse ao CB Atlántico.