O Grupo Lemaco xuvenil caeu derrotado ante o SAR de Redondela que viña a Carballo na tarde do domingo para certificar o segundo posto na Liga Ouro. As carballesas non entraron ben no xogo no eido ofensivo, sen xerar opcións de lanzamento claras e permitindo as redondelás abrir distancia nese periodo de encontro. Con 1-5 no electrónico e despois dun tempo morto local, as carballesas despertaron do letargo para ser algo máis consistentes atrás aínda que no ataque seguían presentando moitas dificultades. Os sete goles de diferencia no descanso(8-15) marcaban a diferencia na clasificación de ambas escuadras.
O equipo carballés mellorou notablemente no segundo tempo na organización ofensiva, chegando a opcións máis doadas diante da portería visitante. A pesar de ser capaces de forzar máis erros nas circulacións de bola das pontevedresas, as do Xiria foron capaces de plantexar unha segunda parte moito máis parexa a pesar de lastrarse nese primeiro tempo e non poder superar esa diferencia negativa coa que chegaronó descanso.
Con este encontro, o Grupo Lemaco xuvenil bótalle o telón á Liga Ouro desta tempada.


