Un Maquisaba marcado polas baixas cae en Lugo

Un Maquisaba marcado polas baixas cae en Lugo

Na mañá do sábado as rapazas do Maquisaba chegaban a Lugo con baixas importantes nas súas filas, pero mantiveron un bo ritmo de xogo durante todo o encontro. A defensa compacta do Lucense con escasa amplitude e gran densidade en zona central ofreceu un enorme reto a un Xiria que erraba sistemáticamente os lanzamentos claros desde extremos. A boa toma decisional e a falta de erros non forzados na faceta ofensiva foron apantallados pola lamentable efectividade ante situacións doadas de gol. Pola contra o Lucense foi o rival con menor cantidade de perdas de balón ante a defensa individual do Xiria de toda a tempada, o que deixaba a porta fechada ós habituais contraataques do conxunto carballés.

Na segunda parte as locais xa tiñan terra de por medio co (16-10) e foron quen de manter as distanzas pola man de Lola, que foi capaz de superar o seu par defensivo a pesar das rotacións. O Xiria, traballando os bloqueos exteriores e a velocidade las progresións sucesivas atopaba aínda máis espazos no compacto 5:1 das lucenses, pero repetían os mesmos erros de lanzamento. Nos derradeiros minutos lograron boas interceptacións seguidas de contraataques en primeira oleada, pero non foi abondo para acadar a vitoria (27-21).

Cun total de 32 erros en situacións doadas de lanzamento a obtención de puntos é imposible. Se ben as rapazas amosaron unha excelente toma de decisión e boa actitude a pesar da situación, non se pode gañar un partido se non se mellora a efectividade.

MILLAVEN CP LUCENSE 27 – 21 MAQUISABA XIRIA