Este domingo, o Montaxes Carballo Xiria Branco recibiu ao Reprint Arteixo no primeiro encontro do grupo D, da 1ª fase da Liga Prata cadete masculina. Este partido, presentábase como unha oportunidade para ver o nivel competitivo de ambos conxuntos, e os locais non desaproveitaron a ocasión.
O inicio foi marcado por un ritmo alto e moita intensidade. A través dunha moi activa e un xogo colectivo moi notable, os locales abriron rápidamente brecha no marcador, chegando ao descanso cun resultado de 22-17.
Na segunda metade, o Montaxes Carballo Xiria Branco mantivo a súa liña de xogo, sen deixar que o Reprint Arteixo se achegase no marcador. A pesar dalgúns intentos visitantes por reducir a distancia, os locais seguiron ampliando a vantaxe con boas accións individuais e colectivas. Nesta segunda parte o equipo visitante cometeu menos erros, pero non foi suficiente para frear o empuxe dos bergantiñáns.
O resultado final de 43-35 reflicte a superioridade dun Montaxes Carballo Xiria Branco que soubo dominar o partido en ambas metades (22+21), mentres que Arteixo mantivo o tipo pero sen poder frear o ritmo imposto polos locais (17+18).
Na vindeira semana, o Montaxes Carballo Xiria Branco visita ao Bm Ribadosar-Casa Da Eiriña, encontro no que pretende seguir nesta liña ascendente.


