Un punto de Ouro para un Grupo Lemaco combativo(32-32)

Un punto de Ouro para un Grupo Lemaco combativo(32-32)

O Grupo Lemaco xuvenil obtivo un merecidísimo empate na súa visita a O Porriño, ante un equipo local que marcha inmerso na loita pola Final Four.

As carballesas aguantaron no encontro durante os primeiros quince minutos, ante unha defensa 5-1 atípica das pontevedresas e con un son defensivo bastante alto, permitíndolle roubar algúns balóns. Os folgos baixaron no segundo cuarto do encontro, momento que aproveitaron as locais para abrir distancias ata 5 goles no descanso.

O segundo tempo non comenzou mellor para as verdes que encaixaron un parcial de catro a un, poñendo máis complicadas as cousas para as nosas xuvenís. Foi a partir de aquí onde as carballesas amosaron a súa mellor cara, moito máis efectivas no ataque, chegando a liña de seis metros en moitas ocasións, e co cambio defensivo que se le atragantou as vermellonas. Salientar o gran encontro da portería do Xiria que mantivo o equipo no encontro en todo momento. A falta de dez segundos, anotaban as verdes o empate a 32 que non puideron renegociar as do Porriño.

Sen dúbida unha chea de alegría para as xuvenís para afrontar o que resta de tempada nesta Liga Ouro