Gran ambiente o do Vila de Noia que animou incansable, coma sempre, a un equipo que se mostrou sólido de inicio a fin.
A igualdade dos primeiros 10 minutos de encontro, estando por arriba cun só gol o conxunto visitante; e acertados na parcela goleadora, farían que o Calvo Xiria tivese que axustar mellor o súa defensa. Chegados ao minuto 12 e en inferioridade numérica; poñíanse por diante o Xiria, mellorando nas disuasións; lograron dar coa tecla para distanciarse no marcador.
Cañiza cambiaba o seu sistema defensivo; pero a maior rotación e adaptación as variantes dos locais permitiulles manter o ritmo de xogo e irse ao descanso 15 a 10 .
Tras a continuación, o Calvo Xiria impoñíase cun 6:0 defensivo en bloque sen deixar apenas espazos e establecendo máximas diferenzas de 8 goles. No ataque posicional, todos os xogadores que participaron no encontro atoparon portería e os locais celebraron tamén a volta ás convocatorias tras lesión de Mario García.
O partido foi baixando de intensidade cara o final sendo o resultado de 29 a 22 e sumando así a vitoria número 12 da tempada para o Calvo Xiria.
Calvo Xiria 29 – Saeplast Bm Cañiza 22
Calvo Xiria (15+14): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (2), Gabriel Castiñeiras (1), David García (3), Fran Rey (1), Julián García (3), Chimpo Rodríguez (5), Daniel Perical (2), Diego Antelo (1), Jorge Bouzas (3), Rubén Anes (1), Mario García, Carlos Varela (2), Marcos Amarelle, Mario Cancela (5).
Saeplast Bm Cañiza (10+12): Raúl Pérez (p), Jesús Veiga (p), Jorge Martínez (p), Rubén Soliño (3), José Manuel Chao (8), Manuel Alejandro Gómez (3), Samuel Barciela (1), Ricardo Antón González (1), Cristian Canosa (5), Javier Bernárdez, Jesús Rivera, Adrián Losón (1), Rubén López, Álex Rey.
Árbitros: Jonathan Hinojosa e Gabriel Folgoso.
Marcador cada 5 minutos: 2-2, 4-5, 8-5, 10-6, 11-8, 15-10, (descanso), 17-11, 20-12, 22-15, 22-17, 25-20, 29-22 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 28ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).


