UN SUPERIOR CARBALLAL LEVASE A VITORIA

O pasado sábado 03/03 o Punta del Este Xiria viaxou a Vigo para enfrontarse ao AD Carballal A. O encontro tivo lugar no pavillón Ou Loureiro, ás 11:15.
Fin de semana difícil para as carballesas, xa que se enfrontaban ás primeiras da táboa, co cal se presentaba un partido complicado. As carballesas tentaría realizar un bo partido.

O partido comezou cun Punta del Este moi parado en ataque co que comportou a que as locais comezasen cun bo rítmo de partido afastándose no marcador no minuto 8 . Unha defensa bastante estática e un ataque bastante lento e parado, estaba a afectarlle moito ás do Xiria. Vendo a situación que se estaba vendo no campo, Natalia decidiu pedir tempo morto. Trás este pequeno parón as do Punta del Este parecía que volvián con ganas e entusiasmo ao partido. Así foi, tras a charla as carballesas colleron con ganas o encontro conseguindo facer bastante dano polas zonas exteriores, ademais dunha boa defensa con moito contacto. Chegaba ao descanso cun resultado 17-7.

Comezaba a segunda parte e as do Xiria tiñan en mente seguir achegándose no marcador ás locais. No ataque, estaban a realizar un bo movemento do balón e chegando a finalizar polas zonas exteriores. Polo contra as boas finalizacións en ataque non eran suficientes, os erros defensivos así como algunhas perdas de balón, foron aproveitadas polas locais que se afastaban do marcador. Chegando ao final do partido cun resultado 33-17 para o AD Carballal A, que se mostrou superior ás do Punta del Este Xiria levándose o partido e proclamándose campioas galegas.

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Lucía Lema[p], Natalia Cancela, Dunna Barca, Lara Hernández, Stefanía Landri, Lara Souto, Candela Couto, Coral Ruibal, Leticia Santos, María Patiño, Catalina Malgahaes.

AD CARBALLAL A: Catherina Sio, Nerea Aria, Ainhara Silva, Helena Costas, Abril Costas, Nerea Patiño, Naira Simon, Carolina Lorenzo, Lucía Villamarín, María Pérez, Sela Villar, Sara Pedreira, Aine Roca, Blanca Rial.

O próximo sábado 09/03 o Punta del Este Xiria recibe o SD Teucro Interrias, o encontro terá lugar no pavillón Vila de Noia as 10:00 da mañá. Presentase un partido igualado ainda que na primeira volta as do Xiria non se fixeron ca vitoria. Nesta segunda volta, as do Xiria tentarán non poñerllo nada fácil.