Un superior Laber Xiria derrota ao Teucro na Copa

Laber Xiria 38 – SD Teucro 20 (20-10)

Resolveu con demasiada facilidade o encontro o equipo carballés ante un débil Teucro que apenas ofreceu oposición no Vila de Noia.

Non tardou o Laber Xiria en marcar diferenzas co seu rival, saíron os xogadores moi centrados na defensa 6:0 que esta vez si, amosouse implacable polo centro impedindo que o rival se achegase con opcións de lanzamento claro diante da portería. No ataque os locais marcaban con facilidade e o encontro tornábase nun paseo para o Xiria, cun 20 a 10 no marcador chegábase ao descanso.

O mesmo patrón se desenvolveu na segunda metade, e si non fose de que algúns dos carballeses por momentos amosáronse desacertados de cara a gol, o resultado podería ser moito máis avultado.

A vindeira semana o Laber disputará a derradeira xornada desta fase de grupos da Copa Federación en Pontevedra diante do Balonmán Cisne.

Laber Xiria 38 (20): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 11, Fernando Mallo, Diego Antelo, Franco Rial 6, Ivan Hernández 1, Andrés Urbieta 2, Renzo Díaz, Brais Vila, Mario Cancela 9, Manuel Varela 1, Aaron Rodríguez 2 e Dani Mallo 4.

SD Teucro 20 (10): David Rodríguez, (porteiro) Diego Fariña 2, Juan Estevez, Juan Piñeiro 10, Mario Chan, Javier Codina, Mario Pérez 3, Tomás Omil 2, Diego Mendoza 1 e Sergio Pérez 2

Marcador cada 5 minutos: 3-1/ 7-1/ 9-3/ 14-5/ 17-7/ 20-10/ 23-10/ 26-11/ 30-14/ 33-16/ 37-18/ 38-20

Arbitraron Pablo Torreiro e Gabriel Folgoso, sen complicacións