O sénior B viaxaba a Vigo para disputar o partido correspondente á xornada 20 contra o Seis do Nadal, rival que se atopa por detrás na táboa pero que seguindo a súa traxectoria se sabía que ía a ser un partido compricado.
DIVESTI SEIS DO NADAL 26 – BALONMÁN XIRIA B 23
O partido comezaba amosando o que ía a ser a tónica durante o partido, o Xiria B con pouco ritmo de balón tiña moitas dificultades para anotar. Os espazos existían a máis cando o equipo rival plantexou unha mixta que mantivo durante uns 45min aprox. O partido mantíñase dende a defensa pero no ataque estaba a ser un día con erros incomprensibles e con dificultades para o xogo colectivo. Con todo o partido marchaba ao descanso con 12-12 no marcador.
Á saída dos vestiarios o equipo carballés amosounos que non estaba no partido, nunha situación de xogo na que xogaban sempre en superioridade numérica producironse 5 perdas de balón en 5 minutos, esto fixo que o equipo rival conseguira unha renta no marcador da que os carballese on souperon recuperarse. Moi deconcentrados e con demasiados erros os carballeses non conseguiron recurtar distancias no marcador e chegouse a un marcador final de 26-23.