Unha derrota e unha vitoria para os equipos do Punta del Este Xiria

Inesperada derrota do Punta del Este Xiria A na Sangriña en A Guarda nun partido ó que chegaban como favoritas despois de vencer na casa ante o segundo clasificado e a boa racha de resultados acadados nestes dous últimos meses. O inicio do encontro facia presaxiar un partido cómodo, cun inicio bó para as carballesas (0-4, min.7). Pero nada máis lonxe da realidade onde, a pesares de facer un encontro aceptable no ataque, as de Zarra pegaban cun muro na portería pontevedresa unha e outra vez, nunha batalla psicolóxica perdida no día de onte polas visitantes.

As derrotas dos inmediatos perseguidores na clasificación, o Bm. Porriño e o Bm. Bueu permítenas manter o cuarto posto da Liga Ouro a falta de tres xornada para o remate.
A próxima semana recibirán en Carballo o Bm. Chapela.

As que si foron capaces de sumar os puntos foron as nenas do Punta del Este Xiria B na súa visita a Salceda de Caselas.
O bó arranque no encontro das verdes (1-6, min. 15) fixo que o partido transcorrese de xeito cómodo para os intereses visitantes, que foron mandando no marcador durante todo o encontro.
Non resultou ser un partido moi vistoso, apostando o equipo de Caselas por unha defensa pechada, pero a superioridade das do Xiria decantaron os puntos, deixando ao Punta del Este B a un só punto de proclamarse campión da Liga Prata. Para conseguilo bastaría con sumar un punto este próximo fin de semana ante o segundo clasificado, o SD Teucro.