Unha mala primeira parte condena ao Garaysa Xiria

Disputóuse o pasado sábado no Vila de Noia a octava xornada de liga que enfrentaba ao Garaysa Xiria co Bm Cisne. Un partido complicado para o equipo carballés que viña con folgos despois gañar a pasada fin de semana.

O Garaysa neste partido tiña moito que gañar e pouco que perder, un dos obxetivos era retomar sensacións positivas. Os primeiros 5 minutos estiveros marcados pola igualdade, a partir de ahí un desdibuxado Garaysa quedou pasivo antes as acometidas do Cisne. En defensa a falta de garra uníanselle continuos despistes. O ataque non se vía capaz de superar ao 5-1 que prantexaba o Cisne, chegando a cometer ata 20 perdas de balón na primeira metade. Con todo isto chegabamos o descanso con un contundete 4 a 20 no marcador.

A pesares de este panorama tan adverso a imaxe do equipo na segunda parte ía a ser completamente distinta. Un bo traballo da 3-3 facía recuperar balón aos de Carballo e mantera ós xogadores de Pontevedra lonxe da zona de lanzamento. En ataque melloramos a maneira de atacar a 5-1 xerando dificultades a defensa visistante. O equipo que se vía na pista nesta segunda parte parecíase máis ao Garaysa que nos ten acostumados a competir a pesares do marcador. De este xeito,  con este bo traballo na segunda parte conseguíase un parcial de 14-12 nos 25 minutos da segunda parte. O resultado final foi de 18-32 debido a mala primeira parte local.  Un dos obxetivos para próximos partidos é manter un bo nivel de intensidade durante todo o partido.

CISNE MUNDO DE SEPO 32 (20+12) Hugo Pérez, Mateo Castro, P. Fernández (10), Manuel Lorenzo (8), Luis Fernández, Martín Santos, Miguel Sierra (10), C. Fontenla , Manuel Torres, Iker Catas (4), Mauro Lago, Breixo Fontanes.

GARAYSA XIRIA 18 (4+14) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García, Pedro Porteiro, Samuel Regueira (1), Ángel Viña (4), Samuel Veiga, Erik Vázquez (7), Pablo Veiga (4), Xurxo Fraga (2), Aarón Rodríguez, Alberto Rodríguez.