Unha mala segunda metade condena o Hierros Varela Urbieta Xiria.

O Bm. Camariñas e o Hierros Varela Urbieta Xiria disputaron esta mañá a 10ª xornada da segunda división cadete feminina ás 12:00 no Pavillón o Areal de Camariñas.

Na primeira metade un Xiria seguro  e veloz imponía o seu xogo e dominaba o marcador durante 30 minutos. As recuperacións de balón en defensa xunto coas rápidas transicións ó ataque mantiñan a diferenza no marcador que chegou a ser de 5 goles a favor. O Bm. Camariñas non acababa de atoparse cómodo e loitaba por impoñer o seu modelo de xogo.

Tralo descanso os equipos intercambiaron os seus papeis. As de Camariñas saíron centradas e impoñendo unha velocidade de xogo que non beneficiaba ás de Carballo. As do Xiria pasaban moito tempo defendendo e os precipitados intentos de saída ó contraataque convertíanse unha e outra vez en pérdidas de balón. A desconcentración apoderouse do Hierros Varela Urbieta Xiria e a pesares dos seus numerosos intentos non conseguían dominar o xogo de novo. Os 15 minutos que estiveron sin anotar ningún gol entre os minutos 32 e 47 e as 4 exclusións sufridas na segunda metade amosaban as dificultades nas que se atopaba o equipo visitante. Pola súa contra, as locais aproveitaban todos esos erros para convertilos en gol e poñerse por riba no marcador.

Unha dura derrota para a moral do Hierros Varela Urbieta Xiria que acusou as 3 semanas que estivo sin competición oficial.

A próxima semana haberá descanso polas vacacións navideñas e o equipo volverá ós adestramentos o 2 de xaneiro coas pilas cargadas e as enerxías renovadas. O vindeiro partido de competición oficial será o venres 18 de xaneiro ás 20:00 horas no Pavillón CEIP Fogar de Carballo.

PARCIAIS: 2-3/ 3-6/ 5-9/ 7-10/ 8-11/ 12-15/ 14-17/ 16-17/ 18-17/ 20-20/21-20/ 22-21.

CAMARIÑAS: Paula Romar Lema (4), Yanira Barcia Alonso (4), Carolina Pasantes Castro (7), Andrea Romar Lema, Thiam Bineta, Vanina Tajes Medina, Laura Alonso Canosa, Nerea Santos Castro (4), Lara Canosa Ferrín, Claudia Santos Canosa (1), Carla Vigo Alonso (1), Cristina Mouzo Carril (1), Katia Barbeira Castiñeira.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Valeria Figueroa Santos (1), Natalia Cancela Couto (1), Nereal Varela Vila (3), Nina Pereira Abelenda (3), Uxía Suárez Fernández, Marta Gómez Agra (4), Anna María Hernández Padro (6), Ana Pombo Doldán (1), Lara Otero Suárez (3), Elena Collazo Rey, Lucía Lema Álvarez.