Unha mala segunda metade condena ó HVU Xiria

Tras unha boa primeira metade, as perdas de balón, os erros de lanzamento e falta de rotación deixan ó noso xuvenil feminino sen os dous puntos.

Os duelos entre o Mecalia Atlético Guardés e o HVU Xiria acostuman ser entretidos de máxima igualdade e este non ía a ser menos. O encontro comezou cun ritmo moi alto onde as locais, lideradas por Carmen Magallanes, facían moito dano en accións de transición e o Xiria, con Lara Souto desatada, atopaba accións de lanzamento cómodas no posicional.

Cun vantaxe local dun gol ó descanso, a tónica da segunda metade foi radicalmente distinta. O acerto de Marta Vicente en portería e a maior rotación local engrosaba a distancia no marcador ós poucos. As precipitacións carballesas limitaban as opcións de manter o marcador igualado ata chegar ó 33-26 final.

Esta semana as nosas xogan na casa o sábado ás 12:00 diante das Choqueiras de Redondela.