Unha moi boa primeira metade dalle a vitoria ó Garaysa

O pasado sábado enfrontábanse o Garaysa Xiria co Oar Coruña.  Partido previsiblemente igualado, os equipos ían cerca na clasisicación, e co plus de intensidade que aporta un derbi, contra un rival que sempre loita os partidos.

Os locales entraron ao partido coa intensidade e concentración que o partido precisaba. A defensa dos carballeses foi capaz de levar a inciativa, forzando así imprecisións por parte dos coruñeses. O ataque conseguía crear situacións de perigo a través da continuidade de balón, a pelota movíase ata os espazos libres sen arriscar (tan só 3 perdas de balón na primeira metade). Con este bo traballo o equipo conseguía aumentar cada vez máis as ventaxas no marcador ata chegar ó descanso con 18-7, no que foron os mellores 25 minutos do equipo  en toda a primeira volta.

O comezo da segunda metade o partido seguía o mesmo curso, sen embargo a partir do minuto 35 do partido o nivel do equipo carballés baixou. Unha defensa pasiva permitía que os coruñeses se metesen no partido, sendo capaces de reducir a renta ata 4 goles o final do partido. O cansanzo e a desconexión fixeron que o partido non puidese terminar de maneira relaxada. Con todo imos a quedarnos coa primeira metade de este equipo como mostra do camiño a seguir. O resultado final 28-24.

GARAYSA XIRIA 28  (18+10) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García, Pedro Porteiro (6), Samuel Regueira (3), Ángel Viña (4) , Samuel Veiga (2), Erik Vázquez (3), Pablo Veiga (5), Xurxo Fraga (4), Aarón Rodríguez (2), Alberto Rodríguez.

OAR CORUÑA 24 (7+17) Antón Casas, Botán Oviaño (5), B.A Dalman, Pedro Varela (5), M. Rodríguez, A. Cuñarro (5), David Tarrío, Daniel Garea, Iván Alfonso, Alejandro Vasallo (4), Adrián Perez (5), L.M  Castro.