Unha nova Final 4 que loitarán as carballesas

O Calvo Xiria certificou este pasado domingo a súa clasificación para a Final Four da Primeira Autonómica femenina despois de gañar con rotundidade ó Bm. Samertolameu, que chegaba a Carballo ca necesidade de gañar por máis de cinco goles, renta do golaverage conseguido polas carballesas no encontro da primeira volta.
 
Pero non deron opción as do Xiria que comenzaron o encontro con folgos renovados(5-1, min.5) despois da derrota da semana anterior en Santa Comba. Unha gran defensa, que lles permitía ás extremos verdes os goles de contrataque que foron abrindo a distancia. No ataque posicional ante a defensa 5-1 das pontevedresas, as de Zarra lograban impor o seu dominio que lles levou ó descanso con unha boa renta(14-9)
 
No segundo tempo esa renta non fixo outra cousa que aumentar progresivamente, puidendo disfrutar de minutos as máis novas que deron un bo nivel en concordancia co resto do equipo.
 
Partido moi completo, sobre todo no eido defensivo dun Calvo Xiria que visitará a pista do campión da categoría, o Bm. Reconquista o próximo fin de semana despois do parón de Semana Santa