Unha vitoria e unha derrota no dobre enfrontamento para o Laber Xiria esta fin de semana.

Laber Xiria 27 – Balonmán Luceros 23 (14-12)
Na mañá do sábado visitaba o Vila de Noia o equipo cangués do Luceros, encontro correspondente a 4ª xornada da División de Honra. Dominou o encontro o Laber tras un minutos de igualdade onde a maior envergadura dos rivais, fixo que os locais se pregasen o redor dos pivotes ofensivos, para que non recibisen con tanta facilidade. No ataque o Xiria ía atopando boas opcións de lanzamento, pero serían as rápidas saídas a contra o que daría aos carballeses esas momentáneas diferenzas no marcador.
Na segunda metade coas lesións de Brais Vila e Alex Gómez, mermaban os centímetros e kilos en defensa en favor do ataque dos cangueses que se achegaban no marcador, a pesares deso o Xiria apremou as súas liñas, soubo parar ao rival e no ataque seguiu imprimindo a velocidade necesaria para poder crear perigo e conseguir goles con facilidade.
Primeira vitoria do Laber Xiria ante un directo rival nunha Liga onde o factor físico e o fondo de banquillo serán determinantes no transcorrer das xornadas
Laber Xiria 27 (14): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 11, Mario Cancela 5, Adrián Mesejo 1, Dani Mallo, Franco Rial 6, Diego Antelo 1, Aaron Rodríguez, Diego Rodríguez, Brais Vila, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 1 e Manuel Rama.
Balonmán Luceros 23(12): Javier Fernández e José Cerqueiro (porteiros) Adrián Mora, Iker Piñeiro 6, David Pousada , Javier Fernández, Diego Pousada, Gonzalo Piñeiro 2, Adrián Bernardez 6, Pablo Giraldez 1, Sergio Piñeiro 1, Iago Fonseca 3, Eric Bermúdez e Gael Blanco 4,
Arbitrou: Henrique Folgoso, solo nun partido moi complicado.
_________________________________________________________________
Laber Xiria 19 – AD Carballal 31 (9-16)
O domingo, polo aprazamento da primeira xornada, o Laber Xiria volvía a xogar recibíindo ao Carballal vigués, un dos conxuntos chamados para estar arriba na clasificación. O partido do sábado pasou factura aos carballeses con varios dos seus xogadores mancados que non puideron disputar o partido e outros moi tocados para un choque tan exixente coma este.
Bos primeiros 20 minutos de partido para o Laber ata que se desvaneceron as forzas ante un Carballal moi superior no físico dos seus compoñentes. O Xiria foi quen de pechar a súa defensa e saír a tapar os lanzamentos da primeira liña rival, ao igual que correr as contras para equilibrar o marcador, o encontro mudou no momento que interveu a portería contraria secando aos lanzadores carballleses e varias decisións imparciais dos colexiados sacaron aos locais do partido. Tomou vantaxe o equipo vigués que xogou cunha marcha máis ata o descanso, co parcial de 9 a 16.
Na segunda metade, a pesares do marcador, o Laber Xiria non se descompuxo, dando a cara diante dos seus opoñentes, buscou e atopou solucións en ataque suplindo as baixas que condicionaban a falta de lanzamento exterior, pero as diferenzas eran moitas e a vitoria estaba decantada cara os vigueses.
Laber Xiria 19 (9): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 3, Alex Gómez 5, Mario Cancela 6, Adrián Mesejo 1, Dani Mallo, Franco Rial, Aaron Rodríguez 1, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 2 e Manuel Rama 1.
A.D. Carballal 31 (16): Pablo González e Brais Fernández (porteiros), Oscar Otero 3, Manuel Chao 9, Carlos Mariño 4, Ivan Fernández 3, Brais Cabaleiro, Samuel Barciela 1, Pedro Fernández 1, Alberto Romero 7, Lois Castro 1, Lucas Castro 1, Iago Costas e Anxo Fontán 1.
Arbitraron: Gabriel e Henrique Folgoso, sobre todo na primeira metade prexudicaron e castigaron en exceso ao Xiria sinalando infraccións que solo eles viron.