UNIVERSIDAD DE LEÓN ADEMAR 31 – CALVO XIRIA 26

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 6
28/10/2012 UNIVERSIDAD DE LEÓN ADEMAR 31 – CALVO XIRIA 26

Universidad de León Ademar 31 (15+16): Luis [p], Iñigo (3), Molina (3), Andrés, Álvarez (1), Jadim (4), Alex (3) –equipo inicial- Iván [p], David (4), Rodrigo (1), Adrián (1), Álvaro (2), Diego, Mario (9).
Calvo Xiria 26 (11+15): Kike [p], Chimpo (5), Cuco (2), Manuel (4), Jesús, Sergio (5), Gonzalo -equipo inicial-Iago [p, ]Mario (1), Brais (3), Ramón (1)., Dubra (5), Alex García.
Colexiados: Óscar García Camino e Alfredo Arcos Adeva do colexio galego. Non influíron no resultado.
Marcador: 3-2, 6-3, 7-5, 11-6, 13-9, 15-11 (descanso);18-13, 19-14, 22-16, 25-19, 26-22, 31-26 (final).
7 metros: Universidad de León Ademar: 2 / 2 ### Calvo Xiria: 1 / 1
Boa entrada no Pavillón Universitario Hansi Rodríguez, asistiron ao encontro 200 persoas entre os que se deixaron sentir 20 seareiros carballeses

Sen recuperar as baixas e logo dun bo madrugón, o viaxe comezou ás 6:00 para os carballeses, presentábase na pista universitaria de León o Calvo Xiria para xogar ante un rival de contrastada calidade tanto individual coma colectiva pero ao que lle está custando funcionar coma a tempada pasada.

Xa na pista houbo de todo por parte dous equipos, acertos e erros, boas e malas accións colectivas e individuais. O partido comezou igualado, con parciais favorables aos dous conxuntos, pero a partires do minuto 20 foron os locais os que atoparon un mellor equilibrio entre os ataques e as defensas. Tirando bo proveito das superioridades numéricas o Ademar rompeu o encontro.

O Calvo Xiria tentou por todas as formas recortar a diferenza para poder levarse algo positivo do enfrontamento pero pouco a pouco o as enerxías da primeira liña carballesa foise esgotando, o que se traduciu na falla de acerto e nas precipitacións, das que sacou con rápidas contras, froito o conxunto local. Os carballeses non tiveron opcións nos derradeiros minutos, xa que a súa defensa aberta foi ben resolta polos xogadores leoneses.

A liga depara un clásico xa no balonmán galego entre o Calvo Xiria e o Bm Cisne no que suporán dous importantísimos punto en xogo. A cita no Municipal Vila de Noia, o vindeiro sábado ás 18:00 horas.