Ventanas Arsán-SDC Astillero 26 – Calvo Xiria 25

O Calvo Xiria caeu derrotado na tarde do Sábado fronte ó Ventanas Arsán-SDC Astillero por 26-25.

Lamentable e penoso espectaculo o que poideron presenciar os escasos espectadores que se deron cita no pavillón cántabro debido á actitude, falta de deportividade e de educación dos xogadores astilleirenses, en especial dun individuo, un tal Barcena, que ou todo o que ten de bo xogador teno de mala persoa ou estaba a xogar cunha escordadura na neurona que lle queda (non se sabe se é de nacemento ou levou un golpe de pequeno). Este impresentable dedicouse durante todo o encontro a insultar, increpar e provocar tanto ós xogadores coma ó banquillo carballés, chegando a proferir diversos improperios ó adestrador carballés que se limitaba a face-lo seu traballo. Todo isto en presencia dos membros da mesa oficial, que tamén se comportaron de maneira lamentable, e ós que so lles faltou poñerse a insultar tamén. Non se merece o mundo balonmanístico contar con individúos desta calaña.

Polo demais, o partido estivo todo o igualado que se esperaba, cos homes de Juan Fernández remando sempre contra corrente debido ós malos primeiros 15 minutos que fixeron e á lamentable actuación dos colexiados que permitiron unha esaxerada dureza defensiva, raiando na agresión, por parte dos cántabros, ademais de medir con distinto raseiro as accións nunha e outra area. Aínda así os de Carballo pelexaron ata ó final polos dous puntos en xogo.

Aliñacións

– Polo V. Arsán-SDC Astillero: Marcos, Alfonso, Pablo, Ferreras, Merino (5), Álvarez (4), Genio (2), Campos, Urdiales (8), Víctor, Rubén e Bárcena (7)

– Polo Calvo Xiria: Villa, Alberto (5), Mario (3), Dubra (2), David Silván (5), Álex, Javi Zas, Víctor, Marcos (3), Martín (1), Gvazava (5) e Sergio (1).

Marcador cada 5 minutos

3-3 / 5-3 / 7-4 / 9-6 / 12-8 / 13-12 / 17-14 / 19-15 / 20-19 / 21-20 / 23-22 / 26-25

Os colexiados cántabros Sres. Alonso Ruíz e Barquín Alonso favoreceron de xeito ostensible ó conxunto local, noraboa pola victoria.