O Calvo Xiria feminino chegaba ao segundo partido de liga con moita confianza logo do gran partido realizado na casa a xornada pasada. O equipo carballés era consciente de que visitaba unha cancha difícil e que ían a ter que estar centradas todo o partido para lograr vencer en Xallas.
SEGUROS M VIEITO BM XALLAS 21- CALVO XIRIA 21
O partido foi igualado dende o comezo, os dous equipos prantexaban un ritmo alto de contras en primeira e segunda oleada amosando así un balonmán atractivo para o afeccionado. As carballesas tardaron en axustar a súa defensa permitindo xogar por 9 metros ás fortes primeiras liñas de xallas. Co paso dos minutos as carballesas conseguían axustar máis a súa defensa e isto facía que se conseguira unha pequena renta no marcador. Con todo, logo de uns minutos de precipitacións e perdas de balóns que propiciaban contras das locais as de xallas conseguían darlle a volta ao marcador ata o 13-12 ao descanso.
Á volta dos vestiarios as de carballo saíron moi concentradas e conseguían volver a poñerse por diante no marcador. Sen embargo ,nesta segunda metade as carballesas voltaron a ter uns minutos de atasco e isto facía que o partido se volvera disputado. Sendo nos segundo finais cando as de xallas conseguían empatar o partido. Un puntiño que sabe amargo por ver a vitoria cerca pero non empaña o traballo e a entrega das de carballo. Non podemos olvidar que iste é un equipo que está comezando a engranarse.


