Victoria do Goldie Xiria Carballo Turismo no primeiro partido fóra de casa

As rapazas do Goldie Xiria conseguiron o pasado domingo impórse ante o Teucro nun encontro que tivo como tónica xeral o dominio das xogadoras carballesas, aínda que o equipo de cidade do Lérez conseguiu acercarse no marcador nos minutos finais.

Nos primeiros compases do encontro a tónica xeral foron os erros de ambos equipos, pero un Goldie Xiria moito máis plantado en defensa e cun xogo rápido na 2ª oleada conseguía unha vantaxe de 7 goles nos primeiros 15 minutos. Nos seguintes 15 minutos da primeira metade o Teucro non foi quen de acortar distancias e o partido chegaba ó descanso cun resultado de 9-17. Merece unha mención especial a actuación da porteira Nadia Vázquez, clave coas paradas dende os 7 metros.

Na segunda metade, o que semellaba ser un encontro sinxelo para as visitantes, comezaba a complicarse, e o Teucro acortaba cada vez máis distancias ante un Goldie moi pasivo en defensa incapaz de frear o xogo con dúas pivotes do equipo pontevedrés. O mesmo ocorría no ataque, ritmo lento e moitas imprecisións que provocaron que o Teucro chegase a colocarse a só tres tantos a falta de 10 minutos para o remate do encontro (20-23). A experiencia das xogadoras do Goldie e unha serie de contraataques sucesivos tras boas defensas puxeron finalmente o 21-27 no marcador.

O domingo o Goldie volve medirse ó Teucro co obxectivo de alcanzar a terceira victoria e acadar un ritmo crecente.

SD Teucro 21 – Goldie Xiria Carballo Turismo 27

SD Teucro (9+12): Raquel Castro (p), Nerea Alonso (p), Ana Fernández (4), Nerea Camiña, María Elena Toscano (2), Mara González (4), Iria González, Antía Fernández (1), Naira González (4), María Paz, Raquel Muñoz (2), Natalia Romero, Miriam Blanco, Sabela García, Belén Troitiño, Alba Piñeiro (4).

Goldie Xiria Carballo Turismo (17+10): Nadia Vázquez (p), Sara Pose (p), Maura Fernández (p), Juana Garrochena, Carla Santiago (2), Aída Vizcaíno (3), Mina Ribullen (3), Tamara Pombo (2), Minia Calvo (2), Natalia Solís (3), Alba Rodríguez (4), Elena Segade (2), Sheila Ferreiro (3), Raquel Gómez (3)

Imaxes do encontro: https://drive.google.com/drive/folders/1PCr235MiV5KPlbhj8r5sxb5LeihSxPE2